
carve grapics

Hola, son Kike. Deseñador gráfico. Nacín en Baiona "Terra do peixe" alá polo ano 85.
Xa dende pequeno lle collin o gusto a isto de facer o indio con pinturas e demais aparellos de taller en calquera das súas variantes. Dende entón, e non sei se por casualidades da vida ou por antecedentes penais, non me despego do mundo gráfico e visual.
Gústame a fotografía (xénero que gozo como hobbie), o cinema, a música... e creo firmemente no medio visual como forma de expresión cognoscitiva a tódoslos niveis. ¿Dixen xa que son deseñador?
Ben, déixoche o meu currículo en formato pdf, así como a miña dirección de email e teléfono por aí abaixo. Non dubides en contactar comigo, e se hai ondas.... non avises.
graphic Design. web Design