
carve grapics

Redeseño de imaxe para ASR. Racing and 4x4 tyres. Empresa de rodas 4x4 e competición rallye.
O seguinte símbolo ten a súa base na fusión do factor humano e o factor técnico como sinal de identidade.
Se atendemos ó copy da marca “racing and 4x4 tyres” podemos extrapolar racing (competición, carreira) a un evento (de carácter humano), onde o piloto e a súa máquina son decisivos para alcanzar o éxito.
O piloto, cun obxectivo claro: gañar. Ao longo dunha, carreira unha serie de cambios químicos no organismo humano provocan unha sustancia adictiva chamada ADRENALINA. A adrenalina é unha hormona de acción, secretada polas glándulas adrenales en resposta a unha situación de perigo.
Provoca unha serie de accións:
Aumento de concentración e rendemento muscular.
Aumento do ritmo cardíaco e dilatación da pupila para ter unha mejor visión.
Aumento da respiración e estimulación do cerebro para producir dopamina, hormona responsable da sensación de benestar

Molécula de adrenalina.
O factor técnico mestúrase co humano. A pegada dactilar dun coche. A abstracción dun debuxo dunha roda ao paso por unha superficie branda marca a pauta para representar, tanto a identidade da marca como a posible clasificación do neumático, neste caso máis próxima ao debuxo da pegada dunha roda dun 4x4.

Outras aplicacións de logomarca.
deseño Gráfico. deseño Web